Inicio Galicia A Xunta executará entre mañá e o venres a renovación do firme...

A Xunta executará entre mañá e o venres a renovación do firme na estrada PO-549, en Cambados e Vilanova de Arousa, que fará necesaria a regulación do tráfico

0

As actuacións consistirán no estendido dunha nova capa de microaglomerado cunha especial resistencia ao deslizamento dos vehículos

A Xunta realizará entre mañá e o venres traballos de renovación do firme na estrada PO-549, en Cambados e Vilanova de Arousa, que farán necesaria a regulación do tráfico.

As actuacións centraranse no estendido dunha nova capa de microaglomerado cunha especial resistencia ao deslizamento dos vehículos.

Para poder executar estes traballos será preciso regular a circulación mediante semáforos ou sinalistas.

Estas obras enmárcanse no proxecto de mellora de seguridade viaria nesta estrada autonómica, dende o punto quilométrico 8 ata o 9+800, que está a piques de rematarse.

A intervención, no seu conxunto, está practicamente finalizada, restando só estes traballos de firme e sinalización, así como a instalación de catro refuxios en paradas de autobús.

Unha vez acometida a nova capa de rodadura, será necesario agardar uns días para repoñer a pintura da estrada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre