Inicio Galicia A Xunta executará a vindeira semana obras de mellora do firme no...

A Xunta executará a vindeira semana obras de mellora do firme no ramal de saída da PO-510, no enlace de Parderrubias, en Salceda de Caselas, para o que se fai necesario o seu peche ao tráfico

0

Os traballos realizaranse a partir do luns neste ramal de saída desta vía que comunica Atios y Oleiros, en sentido Salvaterra – Porriño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará a vindeira semana obras de mellora do firme no ramal de saída da estrada PO-510, no enlace de Parderrubias, en Salceda de Caselas, para o que se fai necesario o seu peche ao tráfico. Este traballos realizaranse a partir do luns neste ramal de saída da vía que comunica Atios y Oleiros, no punto quilométrico 5+500, en sentido Salvaterra – Porriño e se estima se prolongarán durante toda a semana.

Como alternativa á utilización deste ramal, os vehículos poderán saírse da estrada PO-510 nos enlaces existentes no p.q. 7+100 (coa PO-411 en Salceda) ou no p.q. 2+900 (coa PO-407 a Budiño.

Os usuarios da estrada disporán da correspondente sinalización para indicarlles os itinerarios alternativos que poden empregar para facilitarlles a súa mobilidadePara a rehabilitación do firme é necesario levantar todas as capas de firme, reparar a explanada e posteriormente repavimentar, polo que se decide cortar o carril para garantir a seguridade na execución das obras.

Esta intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta enmárcase dentro das actuación de conservación de estradas, e buscan incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios desta estrada

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre