Inicio Galicia A Xunta executa traballos de limpeza e roza nas marxes da estrada...

A Xunta executa traballos de limpeza e roza nas marxes da estrada PO-510, que comunica O Porriño e Salvaterra de Miño

0

Actualmente estase a traballar en Atios, no concello de Salvaterra de Miño


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a levar a cabo esta semana traballos de limpeza e roza nas franxas situadas nas marxes da estrada autonómica PO-510, que comunica os municipios do Porriño e Salvaterra de Miño.

Estas tarefas estanse a executar actualmente no treito da vía autonómica ao seu paso por Atios, no concello de Salvaterra de Miño.

As actuacións comprenden a eliminación de especies pirófilas no dominio público da estrada, dando cumprimento á normativa de incendios e axudando ao efecto cortalumes das estradas. Ao tempo, mediante a roza compleméntase o traballo de mantemento e conservación na rede de estradas autonómicas e os traballos inclúen, ademais, o acondicionamento de zonas verdes de sendas, para acadar condicións adecuadas cara ao verán.

Estas actuacións da Xunta enmárcanse na encomenda á empresa pública Seaga para o control da biomasa nas marxes da rede de estradas de titularidade autonómica para a prevención de lumes e mellora da seguridade viaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre