Os servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia están a actuar no muro de sostemento da senda que se viu afectado o pasado inverno, retirando ás árbores caÃdas e a varanda para reducir o seu peso e evitar un atoamento no rÃo
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2020.- A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade está a executar actuacións de conservación no noiro de sostemento da senda fluvial de Ponte Peiraio, sobre a marxe esquerda da canle do rÃo Mero, en Cambre, afectado polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do ano pasado.
Os traballos que está a executar o servizo de conservación fluvial de Augas de Galicia céntranse no tramo de muro de sostemento da senda que se viu afectado e consisten na retirada de árbores caÃdas e na retirada da varanda metálica do muro, para reducir o seu peso e evitar que poida causar atoamento no rÃo. As actuacións en marcha, completaranse coa instalación de peche nos extremos para evitar o riscos que pode implicar o acceso a esta zona do paseo, que no seu momento foi pechada pola PolicÃa Local.
A intervención que se está a levar a cabo ten como obxectivo atender as incidencias provocadas polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do ano pasado. Cómpre sinalar que Augas de Galicia está a supervisar neste momento o proxecto de execución dun novo muro de protección na marxe do rÃo en Ponte Peiraio, asà como o acondicionamento do treito da senda soportado por este, para a súa licitación. O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a colaborar co Concello de Cambre, con que tamén recentemente asinou un convenio de colaboración para o mantemento da contorna do rÃo Mero, cun investimento autonómico de case 160.000 euros. O acordo terá efectos ata o 31 de decembro de 2023.