Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Mestas e San Vicenzo, ao seu paso polos concellos de Valdoviño, Cedeira e Cerdido

0

As intervencións estanse a levar a cabo en tramos que suman nunha lonxitude de preto de 700 metros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Mestas e San Vicenzo, ao seu paso polos concellos de Valdoviño, Cedeira e Cerdido.

As intervencións estanse a levar a cabo en tramos de río que suman unha lonxitude de preto de 700 metros.

As tarefas de mantemento nos ríos consisten na retirada de árbores, pólas, madeira morta e elementos susceptibles de causar atoamentos na canle.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre