Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de distintos ríos ao seu paso polos concellos de Vila de Cruces, Boqueixón e Touro

0
image_gallery.jpg

As tarefas realízanse en tramos dos ríos Ulla, Beuvas, Añobre, Frontilleiro ao longo de preto de 7 quilómetros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de cinco ríos, ao seu paso polos concellos de Vila de Cruces, Boqueixón e Touro.

Estas tarefas estanse a desenvolver ao longo de preto 7 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido dos ríos Ulla, Beuvas, Añobre, Frontilleiro e outro innominado por distintos lugares destes tres municipios.

As tarefas forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI). As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta, así como a roza selectiva, limitada ao ancho da canle, en tramos cubertos por maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre