Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Xallas, no Concello de Santa Comba

0

As tarefas céntranse nun tramo de 71 metros ao seu paso pola parroquia de Mallón


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Xallas, ao seu paso polo concello de Santa Comba. Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de 71 metros de lonxitude, que coincide co percorrido pola parroquia de Mallón (San Cristovo).

As principais tarefas céntranse na retirada dunha árbore baixo a ponte de Truebe e roza selectiva nas inmediacións dunha das estación de aforo que mide o caudal do río. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre