Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, no concello de Oroso

0

As tarefas están a desenvolverse nun tramo de preto de 1 quilómetro ao seu paso pola parroquia de Marzoa


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo concello de Oroso. Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de preto de 1 quilómetro de lonxitude, que coincide co percorrido pola parroquia de Marzoa (San Martiño).

As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre