As tarefas están a desenvolverse en distintos tramos destes rÃos ao longo duns 3 quilómetros ao seu paso polas parroquias de Covas e Negreira
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020.- A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do rÃo Barcala e do rego de Doumes, ao seu paso polo concello de Negreira. Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo duns 3 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido do rÃo e do rego polas parroquias de Covas e Negreira.
As principais tarefas consisten na retirada de árbores caÃdas e de madeira morta na canle.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacÃas de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.
A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade mantén asà activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos rÃos.