Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Artes ao seu paso polo concello de Ribeira

0

Os traballos están a desenvolverse nun tramo de preto de 4 quilómetros de lonxitude entre os lugares das Barcias e A Ponte, nas parroquias de Oleiros e Artes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Artes, ao seu paso polo concello de Cedeira.

Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de máis de preto de 4 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido do río polos lugares que van desde As Barcias e ata A Ponte, na parroquias de Oleiros e Artes.

As principais tarefas consisten na retirada de árbores caídas e madeira morta na canle.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre