Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Brexa, no...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Brexa, no concello de Cambre

0

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola parroquia de San Paio de Brexo


Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Brexa, no Concello de Cambre.

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola parroquia de San Paio de Brexo.

As actuacións céntranse na roza da contorna, así como na retirada de árbores caídas en dúas seccións puntuais do río.

As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre