Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no rego de Porto...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no rego de Porto do Medio, no concello de Santiago

0

As tarefas están a desenvolverse nun treito interurbano de 15 metros ao seu paso pola parroquia de San Caetano


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no rego de Porto do Medio, no concello de Santiago. Estas tarefas estanse a desenvolver nun treito interurbano de 15 metros de lonxitude, que coincide co percorrido do rego pola parroquia de San Caetano. As principais tarefas consisten na retirada de árbores e na poda de pólas secas con perigo de caída.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Xunta mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais de cara a favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre