Inicio Galicia A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en varios tramos dos...

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en varios tramos dos ríos Arante, Lexoso, Baos e Valiñadares que percorren tres municipios da Mariña Lucense

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou os espazos nos que se desenvolven estas actuacións de limpeza de canles fluviais, e que consisten fundamentalmente na retirada de árbores na canle e nas marxes e rozas selectivas


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes e cuncas fluviais de catro ríos da Mariña lucense.

En concreto, a administración autonómica impulsa a limpeza de varios treitos dos rios Lexoso en Barreiros e Ribadeo, dos espazos fluviais nos rios Baos e Valiñadares, ambos en Mondoñedo, e do río Arante en Ribadeo.

Neste último caso, así o puido comprobar o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen esta mañá visitou a zona na que se desenvolven estas actuacións.“Augas de Galicia busca mellorar o dominio público hidráulico, as zonas de acceso e protexer as marxes dos ríos da súa competencia, e por iso impulsa estas actuacións moi ben acollidas pola veciñanza que as demanda, xa que contribúen a manter en perfecto estado estes espazos”-explicou.

Leer más:  Rueda considera positivos los avances ferroviarios, pero insiste en la necesidad de más información y frecuencias

En execución melloras en tres municipiosOs traballos, que se prolongaron durante varias xornadas, consisten fundamentalmente na roza selectiva de varios puntos dos ríos, na retirada de árbores caídas na canle, así coma madeira morta, co fin de evitar atoamentos. Tamén se traballa na eliminación de sedimentos acumulados na canle.

No caso concreto do Ribadeo, os traballos prolónganse ao longo dun treito de 4.050 metros de lonxitude do rio que transcorre polas parroquias de Arante e Cedofeita. A Xunta tamén actúa en 10.050 metros do rio Lexoso nas parroquias de Vilamartín Pequeno, Cabarcos (de Barreiros) e nas de Arante, Covelas e Cedofeita (en Ribadeo)Finalmente tamén se executaron traballos no termo municipal de Mondoñedo, en 105 metros dos rios Baos, parroquia de Santa María Maior e do rio Valiñadares, xunto ao barrio de San Lázaro, na parroquia de Santiago de Mondoñedo.

Para realizar estas operacións, o persoal das brigadas de limpeza e conservación, empregan distintos medios, como retrocargadoras, camións, desbrozadoras e motoserras, ou incluso tractores, en función da tipoloxía forestal que presenten os distintos tramos.

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Balseiro lembrou que estes traballos encádranse nas actuacións que ao longo do ano desenvolve Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora nas bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas. 


- Te recomendamos -