Inicio Galicia A Xunta executa obras de renovación das marcas viarias en varios treitos...

A Xunta executa obras de renovación das marcas viarias en varios treitos das estradas LU-546 e LU-664 nos concellos de Monforte e Bóveda

0

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, avanzou que con esta actuación, na que se invisten 25.600 euros, melloran a visibilidade da estrada e, en consecuencia, a seguridade da vía

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executa obras de renovación da sinalización horizontal –repintado de marcas viarias- en varios treitos das estradas de titularidade autonómica LU-546 e LU-664 ao seu paso polos municipios de Monforte de Lemos e Bóveda.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o obxectivo destes traballos de mantemento é mellorar a visibilidade das distintas liñas e sinais dispostas no pavimento, nestes treitos que soportan gran intensidade de tráfico e, polo tanto, que verán mellorada a súas condicións de seguridade.

No que respecta á primeira das estradas, a LU-546, o treito de actuación transcorre polos termos municipais de Monforte e Bóveda, xa está executado o repintado, en concreto, entre os puntos quilométricos 45+550 e 52+800.

En relación coa segunda das estradas, a LU-664, os traballos desenvolveranse nas vindeiras datas ao longo de aproximadamente tres quilómetros, completando a totalidade do percorrido, excepto aqueles treitos mellorados o ano pasado, tras a construción das novas glorietas.

A renovación da sinalización viaria busca corrixir a degradación da marca, propia do paso do tempo e da intensidade do tráfico e, dese xeito aumentar a seguridade, eficacia e comodidade de circulación, así como a visibilidade das liñas diúrna e nocturna. Cómpre lembrar que o fin inmediato das marcas viarias é regular a circulación e advertir ou guiar aos usuarios da víaAs obras, executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) desenvólvese a cargo do contrato de conservación e vialidade da Zona Sur, e contan cun investimento estimado de 30.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre