Os traballos céntranse na supresión dun treito de concentración de accidentes, en 3,2 quilómetros dende o punto 10+600 ao 13+800, e o obxectivo é telos rematos este mesmo ano
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras de mellora da seguridade viaria na PO-552, ao seu paso polo concello de Nigrán, cun investimento autonómico duns 320.000 euros.
Esta intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020 e os traballos céntranse na supresión dun tramo de concentración de accidentes nesta estrada autonómica, no tramo de 3,2 quilómetros que vai dende o punto 10+600 o 13+800.
As obras, que están a ser executadas pola empresa Construcciones Taboada e Ramos, S.
L, foron iniciadas o pasado día 28 de abril e o obxectivo e telas rematas este mesmo ano.
Nesta actuación a Xunta atende as demandas veciñais de manter a semaforización na contorna da panadería ‘La Pintora’ e achegar o paso de peóns o máximo posible á intersección.
Os traballos inclúen ademais a execución dunha glorieta no punto quilométrico 12+350, na intersección coa rúa Valle Inclán, de xeito que non se interrompa o acceso ao Camiño das Barreiras.
Cómpre lembrar que nesta estrada o departamento de Infraestruturas da Xunta executou xa máis de 2,3 quilómetros de sendas peonís en Coruxo, Roteas e Priegue, en Vigo e Nigrán. Tamén está rematada desde principios deste ano a senda na intersección coa AG-57, na zona Ureca, adiantándose esta actuación a solicitude dos veciños, xa que inicialmente estaba previsto executarse nesta obra que vén de comezar. O Investimento nestes itinerarios achegouse aos 665.000 euros.
Ao tempo nesta estrada, ao seu paso polo concello de Vigo, o departamento de Infraestruturas da Xunta ten en plena execución as obras de mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes, entre os puntos quilométricos 1+100 e 5+600, cun investimento de máis de 1 millón de euros.
Os traballos na PO-552 continuarán nas vindeiras semanas coas obras de reforzo de firme, licitadas por preto de 830.000, na zona da Guarda e entre Vigo e RamallosaCo impulso destas actuación, o departamento de Infraestruturas, xunto coas outras obras executadas recentemente ou que se están executando nesta zona, permitirán incrementar a mellora da seguridade viaria na estrada entre Vigo e Ramallosa, que presenta una elevada intensidade de tráfico e una gran actividade industrial e presenza de vivendas.