Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa

0

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela e Baión

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa.

As tarefas de mantemento se desenvolven no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela (Meis) e Baión (Vilanova de Arousa)Estes traballos centraranse na retirada de árbores e madeira morta sobre a canle do río. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de intervencións da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre