Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sar, nos concellos de Padrón e de Rois

0

Os traballos neste río están a desenvolverse na contorna das parroquias de Padrón e Ribasar


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no río Sar, ao seu paso polos concellos de Padrón e Rois.

Estes traballos desenvólvense nos treitos interurbano deste río, no seu percorrido polas parroquias de Padrón e de Ribasar, dos respectivos concellos.

No tramo do río ao seu paso por Padrón actuarase sobre as árbores con partes rotas ou moi inclinadas sobre a canle.

No tramo do río Sar en Rois, as tarefas de mantemento na contorna do río céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle.

Estas accións forman parte dos programas de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre