Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no concello de Cambre

0
image_gallery.jpg

As tarefas inclúen a roza selectiva na marxe dereita da represa do muíño de Peirao, na parroquia de Bribes, e o reforzo dun noiro nun tramo de 15 metros da parroquia de Sigrás


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver distintos traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no municipio de Cambre. Os traballos estanse a realizar en dous tramos diferentes deste río, executándose distintas actuacións de mantemento no dominio público hidráulico do municipio, ao seu paso polas parroquias de Bribes e Sigrás.

Na parroquia de Bribes, estanse a desenvolver tarefas de roza selectiva na marxe dereita da represa do muíño de Peirao; e na parroquia de Sigrás traballase nun tramo de 15 metros de lonxitude para o reforzo dun noiro. En paralelo, xa no marco das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI), os operarios da Xunta están a actuar en distintos treitos do río Mero nas parroquias de Sigrás, Cambre e Almeiras. As actuacións esténdese ao longo de 2,5 quilómetros do lonxitude no percorrido do río por distintos lugares dos concellos de Cambre e Culleredo. As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta. Inclúese tamén a roza selectiva e limitada ao ancho da canle, en tramos ocultos pola maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Todas estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre