Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Vilán, Acheiro,...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Vilán, Acheiro, Anllóns, Fraga e Grande ao seu paso polo concello de A Laracha

0

Ovidio Rodeiro explicou que os traballos consistirán na retirada de árbores e pólas caídas no canle, así como da madeira morta existente


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de A Laracha, José Manuel López visitaron esta mañá algunhas das zonas nas que se está levando a cabo, dende fai uns días, a limpeza e conservación dos ríos de Vilán, Acheiro, Anllóns, Fraga e Grande ao seu paso por este concello. Os traballos terán unha duración de dous meses e un custe aproximado de 40.000 euros e actuarán sobre un tramo de 23 quilómetros en total.

Ovidio Rodeiro explicou que “as obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente”. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Concretamente, no río Vilán levarase a cabo a limpeza dos ameneiros caídos que están obstaculizando o cauce; no Acheiro tamén se procederá á retirada das árbores caídas; no Anllóns, ao igual que no caso anterior, detectáronse numerosos atascos no tramo de actuación, a maior parte na zona na que o río discorre paralelo ao campo de tiro; no río Fraga no inicio do tramo de actuación hai restos de maleza e no canle, e no tramo intermedio e final tamén se atopan numerosas árbores caídas, finalmente no río Grande só será preciso retirar algunhas ramas que están provocando a retención de residuos.

Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre