Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Texexe e...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Texexe e Rodullo, no concello de Teo

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano destes regos ao seu paso polo lugar de Casalonga


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar hoxe a execución de actuacións de limpeza e conservación no rego de Texexe e o rego de Rodullo, no Concello de Teo.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano destes dous regos ao seu paso pola parroquia de Calo (San Xoán), no lugar de Casalonga.

As obras céntranse na roza de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

A Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Con estes tipo de intervencións Augas de Galicia traballa na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre