Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Chanca, Fondón...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Chanca, Fondón e Fofán, no concello de Meaño

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano destes tres ríos ao seu paso polos lugares da Laxe, Aldea Abuín, Picón, Vilaxuega, Gañón, O Nabal, A Eirexe e a Aldea de Abaixo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos ríos Chanca, Fondón e Fofán, no Concello de Meaño.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano dos tres ríos. En concreto no río Chanca a intervención estenderase ao longo dun treito de algo máis de 7,6 quilómetros ao seu paso polo lugares da Laxe e Aldea Abuin.

No río Fondón as obras comprenden un tramo de case 3,2 Km que coincide co seu percorrido polos lugares de Picón, Vilaxuega, Gañón, O Nabal, A Eirexe. E no río Fofán executaranse traballos nun treito de máis de 310 metros no lugar da Aldea de Abaixo.

As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente, así como eliminación de masas localizadas da planta invasora coñecida como caña común (arundo dónax). Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

A Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Con estes tipo de intervencións Augas de Galicia traballa na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre