Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Barbelas e...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Barbelas e Pontellas ao seu paso polo concello de Cerdido

0

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos do río, nas parroquias de Cerdido (San Martiño) e Barqueira (Santo Antonio)


Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos río Barbelas e Pontellas, ao seu paso polo concello de Cerdido.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste ríos ao seu paso polas parroquias de Cerdido (San Martiño) e Barqueira (Santo Antonio), respectivamente.

A actuación comezou polo río Barbelas e estenderase ao longo dun treito do río de algo máis de 9 km, e no río Pontellas intervirase nun tramo de máis de 5,5 Km.

As obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas acción se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre