Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Xunqueira, ao seu paso por varias parroquias do concello de Viveiro

0

Os traballos de Augas de Galicia coinciden co percorrido do río polas parroquias de Magazos e Viveiro, sendo de responsabilidade municipal o seu mantemento no tramo urbano


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Xunqueira, ao seu paso polo Concello de Viveiro.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido polas parroquias de Magazos (Sta. María) e Viveiro (Sta. María e Santiago). O mantemento do treito urbano do río Xunqueira é responsabilidade municipal.

As actuacións están a levarse a cabo nos treitos interurbanos deste río e os traballos de mantemento céntranse na retirada de árbores caídas que poden afectar a canle, así como elementos susceptibles de causar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os treitos deste río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Cómpre sinalar que o núcleo de Xunqueira está identificado como de risco de inundación pola situación das edificacións en relación co río, é dicir, un problema urbanístico que é de competencia municipal.

A Xunta lembra que lle corresponde ao Concello de Viveiro decidir e impulsar as medidas para minimizar os riscos de asolagamentos, para o que conta coa colaboración técnica e financeira do Goberno galego e a súa máxima vontade de colaboración co Concello.

Augas de Galicia presentaralles proximamente aos veciños o resultado dos novos análises das actuación urbanísticas necesarias para evitar riscos.

Os Orzamentos da Xunta para o 2020 recollen unha partida para cofinanciar coa Deputación provincial e o Concello as obras que decida impulsar o goberno local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre