Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Umia ao seu paso polo concello de Vilanova de Arousa

0
image_gallery.jpg

Trátase de traballos para o mantemento das actuacións de bioenxeñería realizadas na contorna deste río, no lugar de Ponte Arnelas, na parroquia de Baión


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Umia, no termo municipal de Vilanova de Arousa.

Esta actuación forma parte das tarefas para o mantemento das actuacións de bioenxeñería realizadas na contorna deste río, ao seu paso polo lugar de Ponte Arnelas, na parroquia de de Baión.

Os traballos están a centrarse no tratamento para a eliminación manual da especie invasora Ipomoea indica, que está a afectar ás plantacións de salgueiros nesta zona do río Umia.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre