Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego dos Muíños, no concello de Miño

0
image_gallery.jpg

As tarefas desenvólvense nun treito de máis de medio quilómetro de lonxitude ao seu paso pola parroquia de Perbes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do rego dos Muíños, no municipio de Miño.

Os traballos execútanse ao longo dun treito de máis de medio quilómetro de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Perbes.

As tarefas forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta. Inclúese tamén a roza selectiva e limitada ao ancho da canle, en tramos ocultos pola maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre