Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no tramo interurbano do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no tramo interurbano do río Eifonso ao seu paso polo Concello de Vigo

0

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos nun treito de máis de 600 metros de lonxitude e coincide co percorrido do río polas parroquias de Bembrive e Beade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Eifonso, ao seu paso polo concello de Vigo.

Estes traballos céntranse no treito interurbano deste río, de máis de 600 metros de lonxitude, no seu percorrido polas parroquias de Bembrive e Beade.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río e centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de actuacións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre