Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no tramo interurbano do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no tramo interurbano do Rego do Castro, no concello de Vimianzo

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do rego do Castro, no concello de VimianzoOs traballos que Augas de Galicia está executando coinciden cun tramos deste río ao seu paso polo lugar de Ponte do Vao Pedroso, na parroquia de Berdoias (San Pedro).

Estas intervención de mantemento no treito interurbano do rego céntrase no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as súas condicións naturais dos ecosistemas dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre