Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Xunco ao...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Xunco ao seu paso polo concello de Cervo

0

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos interurbanos deste río no seu percorrido polas parroquias de Sargadelos (Santiago) e Santa María de Cervo


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Xunco, no municipio de Cervo.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos interurbanos deste río no seu percorrido polas parroquias de Sargadelos (Santiago) e Santa María de Cervo, e abarcan unha lonxitude de máis de 2,6 quilómetros nunha tramo das áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPIs) neste municipio lucense.

As tarefas que se están a realizar forman parte dos traballos de mantemento destes tramos en áreas con risco potencial de Inundacións, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, o organismo hidráulico da Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre