Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Xubia, no...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Xubia, no concello de Narón

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola contorna da área recreativa de Pedroso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Xubia, no Concello de Narón.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola contorna da área recreativa de Pedroso.

As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre