Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Umia ao...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Umia ao seu paso polo concello de Ribadumia

0

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos no treito interurbano deste río no seu percorrido polo lugar de Ponte Arnelas


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de realizar as actuacións de limpeza e conservación no río Umia, ao seu paso polo concello de Ribadumia.

Estes traballos céntranse no treito interurbano deste río, no seu percorrido polo lugar de Ponte Arnelas.

Trátase de tarefas de mantemento na contorna do río e intégranse nas actuacións de Augas de Galicia no ámbito da bioenxeñería, nos que se inclúen a protección e estabilización de noiros con elementos naturais. Deste xeito, nos traballos de mantemento realizáronse rareos e reposición das diminucións nas plantacións realizadas para acadar unha mellor estrutura e complexidade no conxunto de vexetación de ribeira.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de actuacións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre