Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Pedre, no...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Pedre, no concello de Rianxo

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Santa Comba, na parroquia de Taragoña


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Pedre, no Concello de Rianxo.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Santa Comba, na parroquia de Taragoña (Divino Salvador).

As obras céntranse na retirada de pólas e restos vexetais da canle, así como na eliminación de especies invasoras (canas e bambú) no inicio do tramo. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Centro e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre