Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Miñor, na...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Miñor, na contorna do coto de pesca de Gondomar

0

Estes traballos realízanse no marco das actuacións de mantemento da estación de aforo de Ponte Mañufe, que permite rexistrar en tempo real o caudal deste río


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Miñor ao seu paso polo Concello de Gondomar.

Estes traballos realízanse na contorna do coto de pesca de Gondomar e enmárcanse nas actuacións de mantemento da estación de aforo de Ponte Mañufe, que permite a Augas de Galicia rexistrar en tempo real o caudal deste río. A actuación estenderase ao longo dun treito de 130 metros do río Miñor, ao seu paso polo lugar da Texosa, na parroquia de Mañufe.

As obras centraranse na retirada das árbores e pólas caídas. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Esta acción enmárcase no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre