Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares de Torre, Pombal e Vista Alegre, na parroquia de Adina
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Fabaíños, no concello de Sanxenxo.
Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares de Torre, Pombal, Vista Alegre, na parroquia de Adina.
As obras inclúen a roza de matogueira e a retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.
A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.