Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Dola ao...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Dola ao seu paso polo concello de Ortigueira

0

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos nos treitos interurbanos deste río nun tramo que se estende ao longo de case 1,2 quilómetros no seu percorrido pola parroquia de Espasante


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Dola ao seu paso polo concello de Ortigueira.

Os traballos que Augas de Galicia están executando comprenden un tramo do río, de case 1,2 quilómetros de lonxitude, no seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Espasante (San Xoán).

Esta actuación lévase a cabo nos treitos interurbanos deste rego e forman parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs), centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, así como rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as súas condicións naturais dos ecosistemas dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre