Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego dos Pasos,...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego dos Pasos, no Concello de Ames

0

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos no treito interurbano deste río no seu percorrido pola parroquias de Santo Estevo de Covas e San Xoán de Ortoño


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no rego dos Pasos, ao seu paso polo concello de Ames.

Estes traballos lévanse a cabo no treito interurbano deste rego, no seu percorrido pola parroquias de Santo Estevo de Covas e San Xoán de Ortoño, no lugar de Bertamiráns. A intervención céntrase nas tarefas de mantemento na entorna do rego, e dan seguimento ás executadas o ano pasado, para a estabilización dos noiros sometidos a erosión, nun tramo polo que discorre un colector de saneamento paralelo a o leito do rego.

Este intervención intégranse nas actuacións de Augas de Galicia no ámbito da bioenxeñería, nos que tamén se inclúen a protección e estabilización de noiros con elementos naturais.

Deste xeito, nos traballos que se están a executar, tamén se están a realizar as labores de mantemento e reposición nas plantacións realizadas no 2018 para favorecer o desenvolvemento do estrato arbóreo e arbustivo, co obxecto de acadar unha mellor estrutura e complexidade no conxunto de vexetación de ribeira. O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de actuacións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre