Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego das Presas,...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego das Presas, no concello de Cangas

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola parroquia de Xistro

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no rego das Presas, ao seu paso polo Concello de Cangas.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río, concretamente na parroquia de Xistro.

As obras céntranse na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como a madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre