Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego da Fonte...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego da Fonte Espiña, no concello de Ribadumia

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar da Lomba, na parroquia de Sisan


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no rego da Fonte Espiña, no Concello de Ribadumia.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar da Lomba, na parroquia de Sisan.

As obras céntranse na retirada de pólas e restos vexetais da canle. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre