Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en varios ríos ao...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en varios ríos ao seu paso polo concello de Vila de Cruces

0

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos dos regos Beuvas, Añobre ou Frontilleiro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación en varios ríos ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos dos regos Beuvas e de Añobre, na parroquia de San Pedro de Añobre; no de Frontilleiro, na zona de Camanzo; ou no de Gres, na parroquia do mesmo nome.

As actuacións consisten na retirada das árbores mortas e da madeira acumulada, así como dos elementos que poidan provocar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre