Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en cinco ríos ao...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en cinco ríos ao seu paso polo concello de Padrón

0

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos nos treitos interurbanos dos ríos Tarrío, Pastoriza, Avelenda, Castrelo e Herbón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos dos ríos Tarrío, Pastoriza, Avelenda, Castrelo e Herbón, no municipio de Padrón.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos que percorren os lugares de Cruces, Iria Flavia, Padrón e Herbón, ao seu paso por este municipio coruñés.

As actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes regos e río e forman parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs), centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, así como rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre