Inicio Galicia A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza dun rego na parroquia...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza dun rego na parroquia de Sobrán, no Concello de Vilagarcía de Arousa

0
image_gallery.jpg

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta que viña provocando obstrucións e desvíos do rego


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dun rego na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta que viña provocando obstrucións e desvíos do rego.

Estas tarefas tamén prevén tamén a eliminación de exemplares de canas que producen atoamentos no río.

As accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre