Inicio Galicia A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas...

A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das comarcas do Condado e Pontevedra

0

Estas intervencións desenvolveranse desde o luns nas estradas PO-254, ao seu paso polo concello de Ponteareas, e na PO-255, en Pontecaldelas e A Cañiza


A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas da comarca do Condado e Pontevedra.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas obras, que comezarán o luns, levaranse a cabo nas estradas PO-254, ao seu paso polo concello de Ponteareas, e na PO-255, en Pontecaldelas.

Tamén, continúan as actuacións iniciadas a semana pasada nas estradas PO-252, ao seu paso por Mondariz; a PO-253, en Ponteareas, e na OU-404, en Cartelle.

Ademais seguen a desenvolverse as actuación iniciadas no mes de xuño na PO-552, Vigo e Tui, así como nas estradas da provincia da Coruña: AC-445 – VG-1.4 en Corcubión, Cee e Fisterra; na AC-445, tamén en Fisterra; e na AC-554, en Outes. E seguen as tarefas nas estrada de Lugo: AG.64, Vilalba e Xermade, e na C.

G-2.2, Lugo e O Corgo. Ademais tamén seguen as tarefas na OU-411, en Padrenda e Quintela de Leirado.

Estas tarefas, desde o seu inicio en maio, xa se levaron a cabo nas marxes de vías das contornas da Mariña luguesa, do Baixo Miño, Vigo, Noia, Fisterra ou Ferrol.

Os traballos continuarán nas próximas semanas noutras estradas da comunidade autónoma ata ter finalizados en xullo todos os labores programados.

As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando xa no incremento de uso que experimentan no verán.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre