Inicio Galicia A Xunta executa a partir do luns novas actuacións de conservación e...

A Xunta executa a partir do luns novas actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Vao, no concello de Coristanco

0

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río, de 4,4 quilómetros de lonxitude, desde As Teixoeiras ata a área recreativa da Rochela

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, inicia a partir deste luns novas actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Vao, no Concello de Coristanco.

Estes traballos de mantemento se levarán a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polas parroquias de Ferreira (Santa María) e Coristanco (San Paio), no tramo de máis de 4,4 quilómetros de lonxitude que vai desde As Teixoeiras ata a área recreativa da Rochela As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos da administración hidráulica da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre