Inicio Galicia Ourense A Xunta estuda abrir na provincia de Ourense unha nova zona de...

A Xunta estuda abrir na provincia de Ourense unha nova zona de reestruturación parcelaria en Cenlle

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, presidiu o comité técnico asesor para a provincia que avaliou o inicio deste proceso que abranguería un perímetro de 243 Ha


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu esta mañá unha xuntanza do Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria para a provincia.

Este comité creouse ao abeiro da Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) e ten como función exercer de órgano de asesoramento e coordinación entre os diferentes organismos implicados cunha actuación concreta para cada zona de reestruturación parcelaria.

O obxecto da xuntanza celebrada hoxe foi a emisión do informe sobre o seu criterio respecto das actuacións encamiñadas á creación dunha nova zona de reestruturación parcelaria en Sadurnín , no concello de Cenlle. Esta nova zona, actualmente en fase de estudo previo, abranguería un perímetro de 243 hectáreas.

No concello de Cenlle, incluído na denominación de orixe Ribeiro, ten gran importancia a produción de viñedo para uva de vinificación e con esta nova reestruturación parcelaria posibilitaríase tanto a transformación de viñedos existentes como a incorporación de terreos abandonados e así desenvolver proxectos viables relacionados co sector vitivinícola.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

A delegada territorial destaca que redimensionar as fincas facilita o traballo, optimiza os resultados e incrementa o rendemento, polo que na súa opinión “é o camiño a seguir para impulsar o desenvolvemento económico do rural e o mantemento e coidado da superficie agraria e forestal”.

O impulso das parcelarias é una prioridade do Goberno galego, xa que a organización de terras permite un mellor aproveitamento para os que queren seguir labrando o seu futuro no medio rural. Así, a Consellería do Medio Rural avanza no seu obxectivo de rematar administrativamente durante este mandato as reestruturacións parcelarias abertas ata o momento, que na provincia de Ourense cífranse en 29, e ao mesmo tempo abrir outros procesos novos que teñan asegurada a súa viabilidade.


- Te recomendamos -