Inicio Galicia A Xunta estreita os vínculos co Norte de Portugal a través da...

A Xunta estreita os vínculos co Norte de Portugal a través da exposición ?Nortear Ilustrado?

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración da mostra formada por ilustracións de Laura Cortés, Fran Bueno, Eduardo Porto e Fátima Bravo

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Nortear ilustrado, ao abeiro do Programa europeo Nortear que ten como finalidade conservar, investigar e difundir a cultura galega e da Rexión do Norte de Portugal.

Esta mostra, que se poderá visitar na biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola ata o 29 de febreiro, contén o traballo realizado polos ilustradores galegos Laura Cortés e Fran Bueno e polos portugueses Eduardo Porto e Fátima Bravo, durante a residencia artística realizada na illa de San Simón nunha fin de semana de setembro e que estivo coordinada por Matilde Rodríguez, tamén presente na inauguración. Nese encontro, ademais de realizar obras, impartiron diferentes obradoiros para alumnado das escolas de artes Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña, así como do máster do Libro Ilustrado da facultade de Belas Artes de Pontevedra.

A Consellería de Cultura e Turismo, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte, e o Agrupamento europeo de Cooperación Territorial da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, participan desde 2015 a través dun Memorando de Entendemento no Programa Nortear para fomentar o coñecemento mutuo e a difusión da cultura de Galicia e da rexión Norte de Portugal.

As tres entidades, que colaboran de forma continuada, promoven diferentes actividades con vistas a un maior coñecemento mutuo a través da cultura, da literatura e da creación artística en ambos os dous territorios, impulsando a expansión e o coñecemento do tecido artístico e creativo, así como estimulando dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación. Entre elas, ademais de esta exposición, atópanse conversas, roteiro literarios virtuais ou intercambio de fondos bibliográficos entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre