Inicio Galicia A Xunta estimula o talento tecnolóxico dos mozos e mozas galegos a...

A Xunta estimula o talento tecnolóxico dos mozos e mozas galegos a través de dous campamentos

0

Ata o sábado estanse a desenvolver no albergue xuvenil de Gandarío actividades sobre video mapping e drons


Bergondo (A Coruña), 7 de setembro de 2018.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María del Mar Pereira Álvarez, visitaron hoxe no albergue xuvenil de Gandarío aos 40 mozos e mozas de 13 e 14 anos que están a participar nos campamentos que a Consellería de Política Social puxo en marcha este ano por primeira vez en colaboración coa Amtega para espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos.

O obxectivo último destas actividades -Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020- é o de estimular o talento precoz no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións, e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.

Desde o día 1 e ata o vindeiro sábado 8 estanse a desenvolver os campamentos Vídeo Mapping: fai visible o que levas dentro e A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons.

O campamento de Video Mapping conta con 20 participantes que están a vivir unha experiencia de achegamento á composición de vídeos para representacións nocturnas sobre edificios; poderán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo, e mediante o emprego de ferramentas informáticas serán quen de crear as súas propias composicións e compartilas cos seus compañeiros, mesmo con proxeccións nocturnas no propio albergue.

Leer más:  El incendio de A Fonsagrada (Lugo), que ha afectado a 65 hectáreas, ha sido controlado

Outros 20 mozos e mozas poderán coñecer os principios necesarios na tecnoloxía de drons, e mediante o emprego de ferramentas informáticas e manipulación de drons adaptados á súa idade, serán quen de comprobar os seus coñecementos e experimentar coas enormes posibilidades da tecnoloxía dos drons.

Ademais, están a desfrutar de actividades de tempo libre como kaiak, paddle surf, snorkel, tiro con arco e outras que lles permitirán desfrutar de alternativas de lecer para mellorar a súa convivencia, adquirir ademais hábitos saudables e promover a igualdade, o respecto e a tolerancia coas demais persoas.

Plan DigiTalentAínda que un 50% dos alumnos galegos matriculados en bacharelato cursan a rama de ciencia e tecnoloxía, a maioría non chega a matricularse nunha carreira STEM. Por iso, este Plan, impulsado desde a Amtega en colaboración con empresas e axentes do sector TIC, busca fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnoloxías entre a poboación máis nova, con accións lúdico-formativas e actividades de mentoradoAdemais destes campamentos en colaboración coa Consellería de Política Social, a Amtega xunto coa Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia está a realizar talleres sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos nas Aulas CeMIT da Comunidade. Máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia están a participar nun total de 57 actividades que comezaron en xullo e rematarán o 22 deste mes.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Oferta en toda GaliciaNo conxunto de Galicia, os campamentos organizados para menores entre os 9 e os 17 anos de idade ofertaron 6483 prazas nun total de 25 albergues e instalacións. Dentro destes campamentos organizáronse actividades de ocio educativo e de diferentes temáticas, como actividades náuticas, coñecemento do medio natural, dramatización e expresión cultural, xogos tradicionais ou deportes de multiaventura, entre outras.

Tamén se ofertaron outras 315 prazas para que rapaces e rapazas galegos poidan participar en campamentos de intercambio con outras comunidades, concretamente no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e Cantabria. Así mesmo, e como vén sendo habitual nas últimas convocatorias, reserváronse 230 prazas para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos.

Os campamentos de verán forman parte da Campaña de Verán Vive a túa aventura, na que se ofertaron un total de 9870 prazas, 298 máis que na anterior de 2017. A Xunta inviste 3,2 millóns de euros –un 8% máis con respecto ao ano pasado- neste programa que segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, ademais dun recurso de conciliación estival e de ocio educativo de primeiro nivel. 

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

- Te recomendamos -