Comezan os labores na estrada OU-115 entre VerÃn e o parador de Monterrei, na OU-531B en Celanova, na OU-801 en Rivadavia e Ponte Barxas, asà como na OU-105 en Ourense e A Ponte Noalla
A Xunta ten previsto estender a vindeira semana os traballos de roza e limpeza a catro novas estradas de titularidade autonómica da provincia de Ourense. Deste xeito, continuará coas actuacións que vén desenvolvendo nestas últimas semanas nas vÃas autonómicas desta provincia, asà como en vÃas das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra. A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vÃas autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
No marco destas actuacións, comezarán os traballos nas estradas da provincia de Ourense: OU-115 entre VerÃn e o parador de Monterrei; na OU-531B en Celanova; na OU-801 en Rivadavia e Ponte Barxas; asà como na OU-105, en Ourense e A Ponte Noalla. Tamén continuarán os labores nas vÃas OU-504, en Ribadavia e Cea, e na OU-113, de VerÃn a Vilar de Barrio.
Na provincia de Lugo seguirán avanzando os traballos de roza na vÃa de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e no Corgo; e na provincia da Coruña proseguirán os traballos de roza na VAP VG.-1.2, entre Ares e Mugardos.
En canto ás actuacións nas estradas de titularidade autonómica da provincia de Pontevedra, seguirán os labores de roza e limpeza na vÃa de altas prestacións: CG-4.2, entre Tomiño e A Guarda, asà como na VG.-4.3, entre Cambados e VilagarcÃa.
As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.
Ademais, realÃzase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonÃs, para que estean en condicións axeitadas.
As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.