Inicio Galicia A Xunta espera que o Goberno central execute o dragado da ría...

A Xunta espera que o Goberno central execute o dragado da ría do Burgo e complete as actuacións de saneamento do Goberno galego nas que investiu 100 millóns de euros

0

Ethel Vázquez subliña que a rexeneración da ría é prioridade estratéxica para o Goberno galego, para acadar o bo estado e a calidade das augas desta ría, e para garantir a actividade marisqueira


A conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalou hoxe no Parlamento galego que a Xunta espera que Goberno central execute o dragado da ría do Burgo e complete as actuacións de saneamento do Goberno galego nas que investiu 100 millóns de euros.

Na súa intervención, reafirmouse primeiramente na clara e absoluta determinación da Xunta coa protección da calidade das augas das rías galegas. E afirmou que o saneamento da ría do Burgo é unha prioridade estratéxica da Xunta, para acadar o bo estado e a calidade das augas desta ría, e para garantir a actividade marisqueira.

Destacou que a Xunta cumpriu a palabra dada de sanear a ría, colaborando e apoiando aos concellos nas súas competencias municipais de saneamento e depuración. Esforzo feito ao longo dos últimos anos para sacar adiante todos os proxectos nos catro concellos da ría, A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, dixo.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

Lembrou que a Xunta, dentro das súas responsabilidade de levar a cabo unha adecuada xestión de todo o ciclo da auga, o pasado mes de novembro completou o saneamento da ría do Burgo, coa posta en servizo do novo sifón na ría. Infraestrutura hidráulica estratéxica, indicou, que supuxo a culminación dun ambicioso proxecto da Xunta, que naceu para acadar o bo estado ecolóxico da ría do Burgo, a través da mellora do saneamento local e a calidade das augas da ría, da man dos concellos.

Apuntou ademais, que estes traballos do Goberno galego xa teñen dado resultados, logrando mellorar a calidade das augas da ría do Burgo e diminuíndo notablemente a contaminación procedente de vertidos de terra, grazas ás actuacións realizadas desde a Xunta e tamén desde os concellos. E, engadiu, que tamén se logrou que a totalidade da ría do Burgo poida ser clasificada zona B, podendo recuperar a actividade marisqueira nela. Ethel Vázquez expresou a súa confianza en que este esforzo inversor da Xunta teña continuidade por parte do goberno central, en canto ao cumprimento do seu compromiso de executar o dragado da ría do Burgo. Unha actuación de rexeneración do litoral de competencia estatal, que tal e como subliñou, está planificado, deseñado e tramitado pola Administración xeral do Estado no marco das súas competencias.

Leer más:  Rueda considera positivos los avances ferroviarios, pero insiste en la necesidad de más información y frecuencias

Abundou en que a actuación está recollida nos orzamentos nos Presupostos Xerais do Estado, que o Ministerio de Transición Ecolóxica dispón dun proxecto, cunha tramitación ambiental superada, e que agora -remachou-, toca que empece a executar o dragado da ría.

A conselleira confirmou que o vindeiro día 15 de xaneiro a Xunta e os catro concellos da ría están convocados a unha reunión co Ministerio para abordar a situación da ría do Burgo que terá lugar en Galicia, tal e como solicitou desde a Administración autonómica.

Asegurou que desde a Xunta se acude a esa cita co máximo interese polo que poida trasladar o Ministerio en canto ao seu proxecto de dragado e rexeneración da ría do Burgo, porque para o Executivo autonómico o saneamento e a calidade das augas da ría do Burgo é algo absolutamente prioritario. E reiterou que o Goberno galego só agarda vontade política por parte do Ministerio para levar a cabo o dragado da ría do Burgo, absolutamente necesario e prioritario para a calidade e a conservación deste importante espazo intermareal.


- Te recomendamos -