Inicio Galicia A Xunta esixirá á empresa que actualice o plan de restauración da...

A Xunta esixirá á empresa que actualice o plan de restauración da mina de Touro

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indica no Parlamento que isto se sumaría ao labor de vixilancia que vén levando a cabo Augas de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe no Parlamento que o departamento que dirixe vai esixir aos responsables da empresa a actualización do plan de restauración da mina de Touro. O obxectivo desta actuación é salvagardar o estado ecolóxico do curso fluvial, sumándose ao labor de vixilancia que vén levando a cabo Augas de Galicia de acordo ao establecido no Plan Hidrolóxico e na Directiva Marco de Augas.

Sinalou Conde que a declaración de impacto ambiental se tramitou de forma garantista e con absoluto rigor, tanto no eido mineiro como ambiental e urbanístico, prevalecendo o cumprimento estrito da normativa en vigor. Incidiu o conselleiro en que foron dous informes da propia Xunta de Galicia os que levaron a esta decisión, o de Patrimonio Natural e o de Augas de Galicia.

Na súa intervención, o conselleiro incidiu en que a decisión está avalada polos informes técnicos e o contido da lei, e lembrou que a Xunta sempre sinalou que o proxecto non se aprobaría se existían elementos que o fixesen incompatible co medio ambiente. Neste sentido, defendeu o compromiso do Goberno autonómico coa Galicia verde, o que supón apostar por unha minería sustentable.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre