Inicio Galicia A Xunta escoita as experiencias de 25 mozos e mozas do IES...

A Xunta escoita as experiencias de 25 mozos e mozas do IES Portovello de Ourense como Correspondentes Xuvenís 3.0

0

O alumnado que colabora como correspondente é unha peza clave para acadar a efectividade dos programas da Administración autonómica xa que actúa como mediador entre iguais, o que facilita un mellor coñecemento das iniciativas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe con 25 mozos a mozas do IES Portovello en Ourense para coñecer de primeira man a súa experiencia como Correspondentes Xuvenís 3.0, é dicir, como voluntarios da rede de ‘antenas’ informativas que a Xunta dispón nos centros de ensino de toda Galicia para difundir os programas e as novas de interese xuvenil.

Para Xuventude, o alumnado que colabora como Correspondente é unha peza clave para acadar a efectividade dos programas xa que actúa como mediador entre iguais, o que facilita un mellor coñecemento das iniciativas e unha mellor acollida por parte dos compañeiros ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto o que informa. Estes voluntarios dinamizan a rede informativa tanto de programas propios da Dirección Xeral como de bolsas de axudas, ofertas de traballo, recursos e direccións de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.

Cecilia Vázquez agradeceu o traballo dos mozos e mozas así como dos profesores que os coordinan “xa que son un eixo fundamental para dispor de redes verdadeiramente operativas”, sostivo, á vez que lembrou que a iniciativa inclúese no marco da educación non formal “ao fomentar a participación dos Correspondentes, que adquiren valores como a solidariedade pero tamén habilidades comunicativas, sociais e de liderado”. A responsable autonómica lembrou que a Xunta recoñece o seu tempo como voluntarios mediante a expedición dun certificado ao remate do curso escolar.

Forman parte da rede galega de Correspondentes un total de 618 mozos e mozas, estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional, e cada ano se animan máis como reflicte o 13% do crecemento do número de voluntarios desde o curso pasado. En Ourense, ademais do IES Portovello, participan tamén os IES de A Farixa e o CPR Divina Pastora.

A directora Xeral anuncioulles que se vai a celebrar un encontro estatal de correspondentes xuvenís en Murcia do 15 ao 17 de xuño, que se ofrece aos que son correspondentes-alumnos/as do ciclo formativo de TASOCTICCTTechnium R EncounterPosteriormente, a directora xeral desprazouse á inauguración do ICCTTechnium R Encounter no campus universitario de Ourense. Alí, Vázquez calificou á mocidade participante neste encontro informático como a clave da evolución da economía tecnolóxica. Así mesmo, destacou que os mozos e mozas serán os que tracen neste ámbito os modelos de negocio do futuro, “algo natural xa que vemos como desde corta idade son non só consumidores, senón produtores en potencia”, aclarou.

O ICCTechnium R Encounter, organizado pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática (Aseii), converterase ata o domingo nun land party no marco da OurenseIccWeek (Semana das Industrias Culturais e Creativas), impulsado pola Deputación de Ourense. Durante tres días permitirá que centenares de afeccionados á informática, aos videoxogos e ás novas tecnoloxías en xeral compartan experiencias, información e ideas.

Cecilia Vázquez definiu o encontro como “un dos maiores eventos de tecnoloxía, creatividade, ocio e cultura de Galicia e un dos máis esperados polos amantes das novas tecnoloxías, que sitúa a nosa comunidade no mapa estatal das máis implicadas no desenvolvemento da cultura dixital”, engadiu.

A responsable do departamento autonómico indicou que a historia deste evento está marcada pola autosuperación, “polo reto de evolucionar cada ano e estar sempre ao tanto da tecnoloxía máis punteira do momento”, e animounos a continuar nesta liña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre