Inicio Galicia A Xunta escoita as experiencias da xente nova e dos maiores que...

A Xunta escoita as experiencias da xente nova e dos maiores que participaron en programas de voluntariado no Concello da Veiga

0

Leváronse a cabo actividades de educación medioambiental, intervencións relacionadas coa igualdade de xénero ou de difusión do patrimonio etnográfico da zona, entre outras

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu esta tarde as experiencias de maiores e xente nova que participaron nos programas de voluntariado xuvenil e sénior postos en marcha no Concello da Veiga co apoio da Administración autonómica o ano pasado. Cristina Pichel, que estivo acompañada do alcalde deste municipio, Juan Anta, destacou a contribución destas persoas á dinamización da contorna a través das accións voluntarias que levaron a cabo.

Así, as mozas e mozos que se implicaron no programa de voluntariado xuvenil Veigavrao 2.0 realizaron actividades de educación medio ambiental e de educación e de animación infantil e xuvenil; así como intervencións relacionadas coa igualdade de xénero e o benestar das persoas maiores do municipio.

Pola súa banda, ao abeiro do voluntariado sénior divulgouse a rede etnográfica da Veiga e fíxose un traballo de recuperación de cánticos populares.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre